14.5.13

O arte do corpo

A min gústanme moito os piersins, de fieto cada vez que fago un xa estou pensando en outro que facer. As persoas maiores non lles sole gustar esta idea pero é a miña forma de vida.
Eu teño moitos piersins; teño todos os das orellas, o do labio, o da linga, o da nariz, o do ombrigo e o da nuca. Inda que tiven máis.

A piques de rematar

Oxe estamos a día 15 de Maio e algúns estamos a piques de rematar as clases e ir a practicas. Sinceramente eu teño moitísima curiosidade de ir, pero a vez tamben moito medo, medo a que todo o que fixemos no ano non sirva para nada, medo de estar soa sen a miña nova familia de tarde, pánico ao novo, ao que está fora da rutina. Pero a mesma vez moitas ganas de acabar para que sexa verán.

Fermín Penzol

Fillo dun xuíz berciano e dunha asturiana de Castropol, viu nacer Fermín un 19 de agosto do 1901 na localidade palentina de Sahagún de Campos, o que o converte no que se ven chamando un galego "extramurano" ou "fronteirizo". Chegados os anos universitarios o seu desexo é cursar estudios de dereito en Compostela, mentres que o pai é partidario de que sexa en Madrid onde se licencie o fillo.  Será precisamente nestes anos universitarios, lonxe da que era a súa terra, cando esperten os sentimentos de estrañamento e morriña con Galicia. O mozo Fermín terá unha participación de primeira liña no núcleo galeguista que se forma e desenvolve en Madrid co nome de Mocedade Céltiga.
Habéndose casado con Blanca Jiménez, manteñe o contacto con Galicia mentres viaxa por toda España traballando.
Ten unha paixón polos escritos e documentos sobre Galicia. E conseguiu xuntar unhas das máis grandes coleccións. 
Penzol temía que cando el non estivera, o tesouro recompilado, minuciosamente escollido, no que investira tanto tempo e diñeiro, desaparecese, vendido ou espallado. Previsor, puxo en marcha os mecanismos para asegurarlle o futuro á biblioteca. Así no 1956 fai entrega simbólica da biblioteca á editorial Galaxia, feito formalizado en 1963 coa creación da Fundación Penzol que se decide establecer en Vigo -actualmente con sede na Casa da Cultura Galega-, ante a carencia de institucións culturais deste tipo nunha das principais cidades de Galicia. Penzol presidiu o padroado que rexe a Fundación e continuou facendo doazóns ata a súa morte en Compostela no 1981 e hoxe son entidades públicas, editoriais e tamén particulares os que seguen a engrosar os fondos da biblioteca.

Escuridade na penumbra (10)

El non se movía, non daba nin un paso, só a miraba'' fijamente. Marta pestañeó un segundo e cando volveu abrir os ollos atopoullo moito máis preto. Non podía percorrer todo ese camiño. Pero fíxoo.
Marta botou ás presas. Nunca correra tanto nin con tanto medo. 
Cada vez que podía miraba atrás para ver si el seguíaa. Non lle vía, desaparecera. 
Nun momento dado, ao Marta mirar cara atrás, non viu un poste que tiña xusto en fronte, e polo tanto, deuse un golpe que fixo que se caese de novo. Ao levantarse e mirar cara adiante, atopouse outra nota, esta nota dicía ''DÉIXAME SÓ''.
Ao arrincala empezou a marearse, non se podía manter en pé. E mentres se desmayaba, xusto antes de caer rendida, viulle, ao seu lado.
Nunca máis se soubo de Marta.

Escuridade na penumbra (9)

Axudarlle? Como quería que lle axudase? Non lle atopaba o sentido... Non o tiña... Si alguén quere que lle axuden non entra nas casas da xente, non rompe cousas, non as asusta...
Nese momento escoitou un ruído ao seu ao redor, o crujir das follas pisadas. Virou e atopoullo. A el. Fóra o que fose.
Levaba un traxe negro, cunha gravata a xogo. Unha camisa branca e uns zapatos de charól. Pero algo non cadraba nel, non tiña cara. Era algo branco, sen faccións, sen nada.

Escuridade na penumbra (8)

Axudándose do seu móbil (o cal non tiña cobertura), foi buscando as notas. Tiña medo, si, pero tamén tiña curiosidade e xa que non podía escapar polo menos buscaría o xeito de non pararse nun sitio fixo ata que saíse o sol.
A seguinte atopouna nun silo, a nota rezaba ''AXÚDAME''.

Escuridade na penumbra (7)

Virou á esquerda, correu recto, virou outra vez á esquerda e volveu atoparse unha nota. Esta dicía ''NON'' repetidas veces.
Logo de lela viu cara á fronte e atopouse cunha vala. Intentou saltala, pero non puido e caeu ao chan. Ao non poder escapar, decidiu buscar as outras notas, porque... Si atopara dous... Por que non ía haber máis?

Escuridade na penumbra (6)

Saltou, era fácil, iso era unha casa e ela estaba na planta baixa. Mirou ao seu ao redor e só viu o bosque que se abría diante dos seus ollos. Empezou ás presas de novo, sen mirar atrás.
Cansa detívose á beira dunha árbore. Volveu mirar ao seu ao redor para comprobar que todo estaba seguro e non pasaba nada. Púxose a percorrer a árbore e para o seu asombro atopou unha nota que dicía "NON PODES CORRER". Que pasaba? Quen facía todo iso? E logo de preguntarllo, botouse ás presas de novo.

Escuridade na penumbra (5)

Os ruídos non cesaban. Cada vez máis preto, cada vez máis cerca. E Marta botou ás presas. Non sabía a onde ía, non lle importaba, ela corría ás escuras pola casa.
Viu un reflexo e deuse conta de que era unha fiestra e pensou: "Xa sei! Abrirei a fiestra e saltarei por ela" e tal e como o pensou, fíxoo.

Escuridade na penumbra (4)

Marta empezou ás presas cara á entrada pero volveu levarse un susto cando viu que esta estaba pechada con chave.
-As chaves... As chaves... Onde están as chaves?! - dicía unha e outra vez mentres as buscaba. Buscounas nos seus petos, na mesita da entrada, nos caixóns... ¡Buscou ata no chan!

Escuridade na penumbra (3)

-Espérame aquí gatito, vou ir a ver si saltou a luz.
E foi camiñando, axudándose da leve luz que emitía o móbil, ata o lugar onde estaban os fusibles. Miúda sorpresa levouse cando ao abrir a porta da caixa, viu que estaban arrincados. Pero... Quen podía facer iso? Marta asustábase cada vez máis. Estaba soa ou iso pensaba ela antes. Volveu escoitar un ruído na cociña, como un vaso ao caer contra o chan e logo dese son empezou a escoitar pasos.

Escuridade na penumbra (2)

-Oh, lindo gatito... Como entraches aquí? - preguntábase Marta. - Que eu recorde todo está pechado. - pero cando o gato empezou a ronronear esqueceuse desas preguntas.
Pasadas unas cantas horas, na penumbra do seu salón, Marta vía a tele mentres acariñaba ao doce gato, botado ao seu lado no sofá. De súpeto, a luz foise da casa, cousa que fixo que Marta se asustase. 

O Sábado na casa da cultura galega

Fermin Penzol naceu no 1901 en Sahagún de Campos, onde o pai exercia como xuiz. A súa infancia transcorreu en Mondoñedo e a súa adolescencia en pontevedra, onde cursou o bacherlato. Estudou dereito en Madrid e alí entrou en contacto con galeguismo e a súa paixón coleccionista polos libros, revistas e documentos galegos.
Foi militante do Partido Galeguista e fundou a editorial Galaxia en 1950. En 1956 entregou ese tesouro en deposito a editorial Galaxia. En 1963 ésta inaugúrase, gobernada por unha fundación do mesmo nome, decidese situar en Vigo. Dende a súa inauguración foi gobernada pola man sabia de F. Fernámdez del Riego, o seu director ata o 2010. Cando éste faleceu a súa Presidencia pasou a sua viuva, Blanca Jiménez Alonso.
A Biblioteca Penzol constitue un conxunto aplísimo de publicacións referentes a Galicia. A súa fundación como finalidades primordiais elar pola conseración e como un servicio básico a cultura galega.

Escuridade na penumbra (1)

Nunha tarde escura, escoitáronse ruídos na casa de Marta. Ela, asustada, foi ver que pasaba.
-Hai...? Hai alguén aí? - preguntou cunha tímida voz.
Como resposta escoitou un lixeiro maullido, e, tranquila, púxose a buscar ao gato.
-Imos, bonito. Non vou facerche nada. - dicíalle intentando facerlle saír.Buscando ao gato na cociña atopouno baixo a mesa. O gato, ao vela, lanzou un bufido intentando espantala (cousa que non funcionou). Ela, recolleulle no seu colo e arrolándoo coma se fose un neno conseguiu tranquilizalo.

13.5.13

Crenzas

O Karma non é unha cuestión de recompensa ou castigo, tampouco hai un destino escrito, ou que o noso éxito ou fracaso é debido a "as nosas estrelas". A nosa vida é a nosa responsabilidade, o karma ensínanos exactamente iso, nós mesmos somos responsables das nosas accións, sen culpar as circunstancias, o destino ou a nosa familia do noso propio fracaso. Dado este coñecemento, temos o coñecemento de ir armando a nosa vida có coñecemento total de cal sera o resultado das nosas accións.

7.5.13

Só se quedan aos que lles importas.

Ao longo da nosa vida, pasan moitisimas persoas pola nosa vida. Pero só unha pequena parte moi reducida se queda nela. Os demáis solo están de paso, e por moito que doa, canto antes nos afagamos a idea mellor.
Inda que soe triste dicir isto, cos meus 16 anos xa sei os que ata agora están para quedarse.
Tres persoas, deses centos de persoas que han pasado pola miña vida, só preciso a esas tres persoas.
Esas tres persoas han estado ao meu lado en todo momento, dixeronme sempre a verdade inda que doera, a distancia non importou con ningún deles, eles escoitáronme inda non tendo razón.
Eles estarán por sempre, inda que nos separen 600 kilometros ou estemos a 10 minutos das nosas casas. Podo contar con eles.



17 de maio, día das letras galegas


O luns anterior veu a  nosa escola Roi Vidal Ponte, xa que este ano se dedican as letras galegas ao seu pai.
 Roi Ponte Vidal é un autor, actor de teatro, está nunha banda de rock, formado en fidoloxia galega e esta rematando a formacion de cine e escea.
O seu pai, Roberto Vidal Bolaño foi destacado por ser unha persoa civica e social.
Agasallo sombras, era un dos seus poemas, dedicado a Rosalía de Castro. Fala sobre que o seu marido a reprimia para facer obras que el non era capaz, cando en realidade ela quería ser actriz.
El fundou a primeira compañía de teatro profesional en Galicia.

A solución: Irse a México

Eu voume ir a México a mercar o carné de conducir! . O teño maís que claro.
Levo dende septembro para sacar o carné, e non o dou sacado!
Xa suspendin tres veces o examen práctico. A primerira foi coa famosa "Paca suspenso" por conducción temeraria ( eu penso que non foi culpa miña, xa que non se veia moi ben a señalización...). A segunda vez foi por un desacordo racial co examinador, ese exame habíame saido ben... e tamén suspendín. A terceira foi por comerme unha moto nun cede o paso, ese si que era un claro suspenso, e maís ainda porque tocoume de novo co que fixe o segundo examen.... O próximo día 10 de Maio, volvo a ir a facelo.
O teórico saqueino a primeira con cero erros, pero merda que levo gastado maís cartos na autoescuela que en toda a miña vida!
Definitivamente vou i a México a mercar o carné!!


Ana Corbillón Gunche

2.5.13

A caixa de música

Ela mira a caixa de música. Ela non sabe tocalo piano, pero ama tanto a música e o son de ese fermoso instrumento, que sinte que pode tocalo ca alma. Daría todo o que posúe por ter a habilidade dun pianista,a súa elegancia, a súa sensibilidade, a súa capacidade de emocionar... Se houbera aprendido a tocalo, tenria a posibilidade de expresar con seus dedos, como sentíase en cada momento, sen necesitar utilizar as palabras, que tanto costáballe usar. Podería decir a través das notas do piano que sentíase triste, solitaria, abandoada, e perdida. Podería cambiar as súas palabras por corcheas e semicorcheas, tonos e semitonos,silencios..... puntitos negros e brancos en un pentagrama, que falarían por ela. Agora so ten a súa caixa de música, e ainda que gústalle o seu son,e mira a bailarina dar voltas, non é suficiente para expresar todo o que sinte.

1.5.13

A miña preciada aldea...

Suponse que me ten que gustar durmir rodeada de bichos, arañas, moscas, cucarachas... etc Suponse que me ten que gustar facer novas amizades, como vacas, porcos, ovellas.... etc Suponse que me ten que gustar respirar aire fresco, asi como non estar en discotecas, pub`s, baretos... etc Suponse que me ten que gustar camiñar polo medio do monte, e deixar un pouco o lado os centros comerciais, o cine, a rúa da cidade... etc Suponse que me ten que gustar despertarme con luz natural e o cantar dos paxaros, e non co sonido do meu movil, da cadea de música... etc PERO E QUE NON ME GUSTA, NON É TAN DIFICIL DE ENTENDER!!! Ana Corbillón Gunche

Prohibición parcial dos plaguicidas tóxicos

Unha clara maioria dos paiss da UE han apoiado a proposta da Comisión Europea para prohibir temporalmente tr3es plaquicidas que se han demostrado científicamente que son perxudiciais para as abellas. Estos plaguicidas son o imidacloprid e a clotianidina, producidos pola empresa química Bayer, e o tiametoxam, producido por Syngenta. "A votación do 11 de Abril deixa perfectamente claro que o apoio científico, político e público a prohibición é abrumador. Os países que se oponen a prohibición han fracasado. Agora, a Comisión debe sacar a única conclusión e deter de inmediato o uso de estos plaguicidas, como primer paso para protexer a producción de alimentos e os ecosistemas europeos. Calquer retraso significaría ceder a poderosa presión de Bayer e Syngenta", ha afirmado Marco Contiero, Director da Política Agrícola da UE DE Greenpeace. Estes tres plaguicidas son neonicotinoides, un tipo de insecticidas que recobren as semillas antes da sembra, e que se poden utilizar directamente no chan o ser pulverizados sobre as plantas. Ana Corbillón Gunche

29.4.13

Bob Marley

-ti dices que amas a choiva, sin embargo sempre usas paraugas cando chove. Ti dices que amas o Sol, pero sempre buscas unha sombra cando a o Sol brilla. Ti dices que amas o vento, pero sempre pechas as finestras cando o vento sopra. Por eso é que teño medo cando disme que me amas. -Non vivas para que a túa presenza se note, se non para que a túa falta se sinta. Ana Corbillón Gunche

Auronplay

AuronPlay é coñecido por subir videos a Youtube. Dedicase a facer videocríticas a outros bloggers, como por exemplo a "J-pelirrojo" ou a "Vicente Ralla". É certo que cos seus videos riste moito, pero aínda que te rias eses videos son crueis. Penso que el metese coa xente que lle pode facer competencia no tema dos bloggs, xa que compiten entre eles para ver quen gusta máis. (E quero engadir un enlace pero non me deixa...) Ana corbillón Gunche

vicio

A xente esquecese da realidade, esquecense da xente de carne e óso, esquecense de que existe a rúa... A xente está tan viciada as pantallas de ordenadores, moviles, tablet`s etc que esquecese de vivir o que é real. Vexo a xente que mentres esta camiñando, esta maís atendo do seu movil que de que lle poida atropelar un camión... Vexo xente que estando cos seus amigos, prefire falar con outros a través dunha pantalla.. Vexo xente que estando no cine, esta co movil... Eu entendo que en certos momento de aburrimiento, utilecemos o movil ou calque outra cousa para entreternos, pero non podo entender que a nosa vida sexa controlada pola tecnoloxia tan mal utilizada. Perdemos o tesouro máis prezado que temos, que é a vida. Ana Corbillón Gunche

Non valoramos o que temos ata que o perdermos

Non souben valorar moitas das cousas que tiven, non souben aprecialas, nin souben coidalas. Cando me din conta de que perdin para sempre a unha das persoas que mais quixen na miña vida, decateime de que non a souben valorar. Esa persoa preocupabase por min, aínda que eu pensara que todo o decia por fastidiar, facialo polo meu ben, esa persoa sempre me discutia que o galego era unha estupidez e eu o defendia ata que rematabamos a berros, agora deime conta de que era a súa forma de pensar... Esa persoa sempre me facia ver os partidos de futbol ainda que soupera que a min non me gustaban, agora doume conta de que o facia porque era a única cousa da que despois poderiamos falar sen ter que berrar... Esa persoa sempre dabame 5 euros para mercar o pan e diciame "quedate coa volta..." ( non controlaba os euros ), Esa persoa escoitabame foran as sete da tarde como as 5 da mañan... Fai tres semanas que non teño a miña avoa, e despois de 18 anos o meu lado empezeina a valorar fai tres semanas. Ana Corbillón Gunche

Neste patético mundo, esta todo ben...


As persoas se pasan a vida pedindo paz no mundo, a igualdade, a verdadeira democracia mundial ... Pero enrealidad son as persoas que crean o mal no mundo, incluso, por enriba reclaman que intentar loitar por un mundo mellor.
Non entendo a xente minten e din que se arrepinten constantemente. Pero se se arrepentisen, xamáis volverían cometer os mesmos erros.
Este é un mundo onde os malos tratos, os abusos, as violacións, os omicidios, os ideais destruídos... estan ben. Neste patético mundo está todo ben ...

Isto señores, isto é España


Vivimos nun país onde inda xudgan aos estranxeiros, por gañarse a vida, onde tachamos con insultos aos bisexuais ou homosexuisl, no cal, se alguén practicar algo diferente é etiquetado como raro, onde cada hai máis desculpas para votar os traballadores sen remuneración.
Despois de todo isto, como podemos dicir que vivimos nun país desenvolvido?

28.4.13

O mito sobre o cerebro.


Contrariamente á crenza de que se usa só unha parte do noso cerebro. Realmente empregar na súa totalidade. Cada neurona é continuamente activa, se elas non poden responder, elas morrerían.
O mito de que usan só parte do cerebro pode ser porque o primeiro EEG detectou só unha pequena porcentaxe do cerebro, ou que os investigadores a principios do século XX, só podería atopar funcións por un 10% del. Pero en realidade non existen áreas do noso cerebro en desuso.

A primavera.

Primavera calorosa
que co teu cedo espertar
tingues de doces cores
prados e bosques
do meu lugar.

                                                                Primavera calorosa

                                                                   que co teu cedo 
                                                                       espertar
                                                                 fas que as rosas 
                                                                     fermosas
                                                             abran os seus pétalos 
                                                                  a fin do Marzal.

                                                               Primavera calorosa
                                                           que co teu cedo espertar 
                                                                  xardíns, campos 
                                                                      e prados 
                                                             cos seus vivos colores
                                                                  vólvennos alegrar.

9.4.13

O meu mellor amante

Pode non ser o primeiro, o último ou o seu único.
Ela amou antes, pode amar de novo. Pero se te ama agora, o que máis importa?
Ela non é perfecta, nin ti, e os dous non poden ser perfectos. Pero se pode facerche rir, facer pensar as cousas dúas veces, e admitir que é humano e comete erros, aferrate a ela e dá o que poidas.
Ela pode non pensar en ti cada segundo do día, pero vai dar unha parte dela que sabe que pode romper ... seu corazón.
Polo tanto, non a lastimes, non intentes cambiar o seu modo de vida, non analice e non espere máis do que pode dar, sorri cando te fai feliz, faille saber cando estás enoxado e extráñala cando non esté.

18.3.13

Non son compañeiros, son unha familia.

Empecei neste instituto un día do mes de setembro. Foi horrible, pensei que xamais conxeniaría con esa xente. Parecíanme todos moi diferentes a min, moi anti -eu.
Moitos tivemos bastantes roces ao principio do curso, xa que ningún nos coñeciamos de verdade e pensabamos que os demais eran doutra maneira.
Hoxe é 15 de marzo, xa levo 6 meses cos meus compañeiros e teño recordos que xamais esquecerei, gargalladas inesgotables, chegar a que non poidas respirar de tanto rir... Iso si que é pracer, sentir que che doen tanto os abdominais e só poder aplaudir cunhas gargalladas mudas.
Hoxe xa non son uns compañeiros, agora somos como unha familia. Todos nos preocupamos polos demais, todos nos arranxamos sos. Agora xa non é tan aterrador volver ás clases porque sabes que eles te farán sorrir unha vez máis.

14.3.13

Os complexos.

Oxe en día, vivimos nunha sociedade onde a maioria das persoas son moi superficiais. A xente só se preocupa de clasificar as persoas por estilos ou de undir a xente polos seus defectos físicos ou psicolóxicos.
Por este motivo moita xente chega a ter enfermidades mentais e danos fisicos; como por exemplo a anorexía ou a bulimia. A maioria de afectados a estas enfermidades son rapazas adolescentes que inda que non estén esaxeradamente gordas, afectalle moito o que din os demáis e non son capaces de aceptarse tal e como son.
Todos deberiamos aprender a aceptarnos tal e como somos, estemos gordos, delgados ou con defectos, xa que todos os temos.

A miña fin de semana.

Durante toda a semana estou desexando que chegue o esperado venrres, despois dos duros días de escola.
Cando chega o venrres noite, que é onde empeza o meu fin de semana, normal mente levo o can o Castro, e vou acompañada para non aborrecer. As veces salgo e outras quédome con Ana na miña casa a ver peliculas cos meus pais.
O sabado so espertar tarde, xa que non teño nada importante que facer. Ao espertar como e fago as tarefas da casa. Algunhas veces ven Ana a miña casa e pasamos toda a tarde sen facer nada de probeito, outras quedome a votar sesta toda a tarde porque esa é a miña paixón e en raras ocasión saio.
Ao chegar a noite planeo co meu grupo ´´panchi`` a saida. Coma sempre quedamos no Sireno e vamos o Keller, de cupitos. Despois como sempre imos a algunha discoteca latina, en raras ocasión vamos a outras discotecas, Ana e eu quixamonos sempre diso. As sete chego a miña casa e durmo ata que miña nai me veña berrar por durmir tanto e outra vez como fago as tarefas e alistome para quedar. Os domingos, normalmente, quedo para ver películas.
E xa esta, outra vez o dichoso luns.

11.3.13

Freddie Mercury

A coñecín aos dezaseis anos. Fumos presentados nunha festa por un home que dicia ser o meu amigo. Foi amor a primeira vista, enloquecíame. O noso amor chegou a un punto no que xa non podía vivir sen ela. Pero era un amor prohibido os meus pais non a aceptaban. Fun expulsado da escola e empezamos a encontrarnos a escondidas, pero ahi non puiden máis, volvinme loco!, eu a quería pero non a tiña, eu non puiden deixar que me apartasen dela, eu a amaba; Destrocei o meu coche, rompín todo dentro da miña casa e por pouco mato a miña irmá, estaba loco, necesitabaa. Oxe teño 39 anos, estou internado nun hopital, son inutil e vou morrer nun hopital só  abandonado polos meus pais e por ela, o seu nome? Cocaina, a ela devolle o meu amor, a miña destrucción e a miña morte.

Freddie  Mercury.

9.3.13

Os pequenos detalles contan.

Un precioso dez de xulio de 2008 naceu o meu sobriño, as 18,32 horas. Nese mesmo momento o meu irmán chamounos e todos comenzamos chorar de felicidade.
Dende aquel día as miñas perspectivas cambiaron. Eu daquela queria ser mestra de xardín de infancia, agora teño claro que o meu son os mortos.
Ese pequeno fixo que moitos días incriblemente tristes fixeranse incribles. Inda que sexa moi pequeno sabe moi ben como alegrarlle as tardes a calquera.
Os meus mellores recordos foron cando o cativo comezou a camiñar, cando non paraba de caerse e chorava simplemente para reclamar un pouco de atención ou na sua primeira palabra, a alegria de ser a primeira en escoitalo foi incrible. PAPÁ.
Pequerrecho, gracias por todos esos momentos de ledicia.


6.3.13

Green Peace

Green Peace é unha cooperativa internacional. Xente de todo o mundo asóciase para loitar contra os problemas sociais, naturais e animais. Unha das noticias que máis me sorprendeu foi unha protesta contra a industria baleeira. A industria baleeira cazou unha esaxerada porcentaxe da poboación de baleas, e perseguiron novas especies a medida se ían esgotando. Tras varias peticions da comunidade internacional, a comisión baleeira acordou un aprazamento a partir de 1986. Así e todo, Xapón, Islandia e Noruega continúan coa caza de cetáceos. Tan só un ano despois do aprazamento, Xapón comezou o chamado "programa científico" baleeiro. En realidade, trátase dunha caza comercial encuberta, financiada con fondos públicos, que perseguen un mercado decadente de consumo de carne de balea. Noruega e Islandia reanudaron a caza  en 1993 e en 2003.
E eu digo que podían morrer todos os f... de p... eses! http://www.youtube.com/watch?v=CK3b_6J7eIA P.D: (As imaxenes do video son un pouco fortes)
 Ana Corbillón Gunche

Soliño

Sendo este blog do señor Soliño, penso que merecese unha entrada que trate sobre el... (As malas críticas non mas teñas en conta...) O primeiro día que coñecín ao profesor de lingua galega/castellana, foi moi emotivo. Votoume da clase. Non lle gardo rencor, eu sei os seus problemas de "bipolariedade" asique agora xa non me amola. Moitas das súas clases son un despipote, unha que comeza a chorar sen ton nin son.... outra que comeza a berrar dunha esquina a outra, outrO que non mantén nunca os pes no chan, ( na palabra "outrO", esa (O) maiuscula esta para delatar o culpable...). Pero tamén penso que neste último mes a clase a cambiado moito, xa que antes NINGUÉN prestaba atención, e agora, empeza a haber xente aplicada ( Nere maís eu )... Non sóamente hai alumnAs aplicadas, o señor Soliño tamén está maís aplicado na materia, xa que aceptou todas as nosas propostas para evitar o suspenso. Sen duda a clase vai mellorando. Ana Corbillón Gunche

A miña afección

A miña maior afección é o debuxo. Encántanme tódolos estilos, aínda que non practique a maioría. Gusto dos temas truculentos, plasmados en estilo manga escuro. Tamén debuxo moitas cousas de estilo pin-up... Cando debuxo, sempre reflexo os meus sentimentos, porque para min o significado dun bo deseño é que exprese o que ti vives, e a xente que vexa ese deseño saiba como te sintes sen ter que utilizar as palabras. Pareceme algo moi especial. Estes son algúns exemplos dos meus debuxos, eu penso que reflexan bastantes sentimentos, pero tamén hai que utilizala imaxinación. Ana Corbillón Gunche

5.3.13

Sinte o que escribes.

Camiño a un lugar descoñecido, en busca de novas experiencias. sentindo no meu rostro o aire das montañas verdes. Bañanrme nesas augas de cores resprandecentes, disfrutar cada instante como se fose o último que foras a darme, e mentres coñezo a xente da cal xamaís poderei esquecerme, os molinos despidense de min como alegres xigantes alzando as súas aspas o aire Ana Corbillón Gunche

Conto "Alicaperú"

Había unha vez, xa fai moito tempo, unha neniña, chamada "Alicaperú", iba camiño a casa da súa avoa, para levarlle unha cesta que contiña unha poción máxica, que se a bebias faciache encoller. Tamén contiña un anaco de pan máxico, que se o comias faciache medrar moitiiiisimo. Naquela época as pocións máxicas empregabanse para resolver todo-los problemas cotidians, e para o que non era un problema, tamén se empregaban. A cesta que levaba Alicaperú era un agasaio de parte da nai da rapaza. A casa da avoa estaba bastante afastada da cidade, polo que Alicaperú tiña que percorren un longo camiño. Cando xa levaba un bó anaco camiñando, achegouse a un pozo para beber un pouco de auga, e asi repoñer forzas. Comezou a tirar da corda para subir o caldeiro con auga, cando un lobo a empurrou pozo abaixo. A caidda fixoselle eterna, aínda que en realidade só forón un par de segundos. Cando chegou o fondo do pozo, veuse rodeada de pedras, e dunha porta do tamaño dunha noz. Alicaperú comezou a berrar pedindo ausilio, pero ninguén lle escoitaba, asustada comezou a chorrar e a chorrar... Pero iso non sirve de nada. Cando se calmou un pouco, e xa podia pensar con maís claridade, lembrouse da pococión máxica que tiña gardada na cesta, e pensou que se a bebia fariase pequena e colleria pola porta. E iso fixo, bebeu a poción e fixose do tamaño dun garabanzo. Abriu a porta un pouco asustada polo que podia haber tras ela. Cando abriu a porta por completo, alzou a vista e atopouse cun mundo paralelo. Un lugar onde soamente había animais en libertad, onde a xente non sabía o significado da palabra querra, onde non había racismo, e onde non eran necesarias as pocións máxicas para resolver ningún tipo de problema. Alicaperú, decidiu chamar a ese lugar "o pais das marabillas" Iste conto é unha fusión do conto de "Caperucita roja" e "Alicia en el pais de las maravillas" Ana Corbillón Gunche

Un amigo silencioso

Eu teño un can. O can chegou a casa cando eu tña nove anos. é un can precioso, un labrador, alegre e xoquetón. Cando chegou, todos queriamos baixalo a rúa. Todos dexesábamos ir a pasear con el, e atoparnos con amigos e poder dicir "mira, iste é o meu can, chámase Zen, é un labrador, como o do auncio de Scotex! " e mirabas a cara de sorpresa e un pouco de envidia que se lle quedava o teu amigo... como molaba! Agora Zen ten nove anos. Sigue sendo alegre e xoquetón, pero a todos costanos un pouco maís ir a pasear con el. A os meus país, porque andan a traballar, ou coidando da negra. E a min, porque no pouco tempo que teño libre, apetéceme estar cos meus amigos sen o can. As veces penso que é un coñazo ter cadelo. O penso sempre que me toca baixalo a pasear. Onte eu estaba triste. Moi triste, cousas que pasan. Miña nai estaba na cociña liada. Seu mozo miraba a caixa tonta, tamén chamada "televisión". Non podia chamar a Nere porque son unha morosa e cortaronme a línea do teléfono fixo e móbil... Nunha casa chea de xente, eu sentíame moi moi sóa. Ata que Zen asomouse pola miña habitación. Acersouse a min, e puxo a súa cabezota no meu regazo. Sen máis. E quedouse así, quieto, ata que comecei a acaricialo. E, dende ise mesmo intre, comprendín que xa non estaba sóa. Ana Corbillón Gunche

Non entendo....

Non entendo moito de política. Non entendo case nada de partidos políticos, pactos, alianzas e maiorías. Non acabo de entender as diferencias entre PP ou PSOE. O único que entendo, é a xente que cada día quedase sen traballo. A xente que non pode pagar as hipotecas, a xente que non pode chegar a fin de mes sen axuda da familia ou dos amigos. Cando escoito aos políticos falar, só vexo a persóas que están moi afastadas da realoidade dos cidadans, que non saben o que é quedarse na rúa, sen traballo ou sen casa, que son dereitos fundamentais que eles deberían defender, e non o fan. Realmente non entendo a política Ana Corbillón Gunche

Nere Martinez Pérez

Coñecín a Nere xa fara uns catro anos. Dende aquela a cambiado moito, ( para mellor...). A primeira vez que a vin, levaba unha vestimenta vómitiba, un peiteado vómitibo, e unha cara extremadamente vómitiba. Cando a coñecín, era odio mutuo de unha choni a unha "emo". Cando a coñecín, non sei se eu fun demasiado superficial como para non querer nin manter unha conversa con ela. Pero xa que tiñamos amigos en comun, non me quedou maís remedio que intercambiar algunhas palabras. Coñecín a Nere xa fara uns catro anos. Dende aquela a miña vida mellorou. Teño unha persoa que proporcioname confianza, proporcioname felicidade. É a única persoa que non se esquece de felicitarme polo meu non aniversario, é a miña compaña de saidas nócturnas, e obviamente de resaca, é quen me ten todos os días a cea preparada, é a millar muller, Tamén foi quen me acolleu na súa casa cos brazos abertos cando miña nai veu as notas e non se pudo conter a votarme da casa cando percatouse do suspenso que tiña en galego... Grazas a ela, teño a mellor familia que podería ter. Súa nai é a miña nai. Seu irmán é meu irmán, Tito tamén é meu Tito, e Draco por suposto tamén é meu cadelo. Grazas a Nere Martinez Pérez, son feliz. Ana Corbillón Gunche

Berros

A xente berra. Berra moito. Canta máis razón queren ter, máis berran. Dan golpes na mesa para ter máis razón. Din palabrotas porque deste xeito, reafirman seus argumentos. Os reafirman xesticulando e alzando os brazos e alalzando a voz. Pero case nunca aos demais. Están tan enfracasados en defender as súas ideas que esquecen escoitar as dos demais. Esquecen que para saber, primeriro hai que aprender, e que para aprender, hai que escoitar a quen sabe. E esquecen que cando non se pode mellorar o silencio, e mellor calar. Pero non, a xente berra. E así nos va. Ana Corbillón Gunche

4.3.13

Non todo o que se dice é real.

Moita xente, sobre todo os pais e demáis persoas adultas escandalizanse ao falar de cannabis. Inda que sexa unha droga non aceptada socialmente é moito máis saudable que moitas das drogas que inxerimos ou inalamos diariamente. Como por exemplo o alcohol, o tabaco ou sen ir máis leixos as pastillas que moitos teñen que tomar diariamente pola sa saude.
Está demostrado cientificamente que o cannabis disminue a dor, a esclerosis é os tumores en humanos.
Investigadores canadienses despois de facer probas en ratas descubriron que o cannabis estimula o crecemento de celulas cerebrales, a droga causo que as neuronas rexeneraranse no hipocampo, zoa que controla o estado de animo e as emocións. Os investigadores descubriron que en grandes dosis ten efectos contra a ansiedade e a depresión.

Eu de maior quero ser...

Cando somos cativos todo nos chama a atención, tanto as cousas que vemos pola tele, as que vemos que fan os nosos pais ou simplemente as que oimos por ahi. Por iso mesmo cambiamos de opinión constantemente. Como por exemplo nas profesións.
Todos cando somos cativos quixemos ser astronautas, perruqeros, medicos, profesores, veterinarios, famosos... Pero chega un momento que algúns temos decidido o que queremos ser.
Eu quero ser técnica de tanatoestética. Esta profesión consiste en maquillar, peitear e vestir aos mortos para preparalos para que se expoñan aos familiares ou amigos.
Moitos poderán dicir que é unha animalada de profesión, que deberia elixir outra, que non sere capaz... Pero digan o que digan iso é o que eu quero ser de maior.

3.3.13

Nenos

As paletas convertense en cigarrillos. As inocentes en prostitutas. As tarefas van o lixo. Suspensión convirtese en expulsión. O refresco convirtese el alcohol. As vicicletas pasan a ser carros. Os bicos convirtense en sexo. Lembras cando viaxar no aire era columpiarte no parque? Cando ´´protección significaba levar casco? Cando o peor que podias obter dun neno eran piollos? As costas do teu pai era o lugar máis alto do mundo e a tua nai era a tua eroina. Os teus peores enimigos eran os teus irmáns. A unica droga que coñecias era o xarabe para a tos. Cando usar unha falda nonte convertía en facilona. O dor máis forte eran as pernas magulladas e ´´Adeus`` queria dicir ata maña. E non fumos capaces de esperar a medrar.

miña negra, miña vida

O pasado 2-setembro, uniuse un novo membro a miña familia, unha nena etíope. Viña con desnutrición, xa que no orfanato tiñan un moi baixo presuposto, polo que non tiñan nin para comprar pañais. Na primeira fotografía que obtivemos dela, saía nun berce cun trapo atado pola cintura cunha toalla, que facía de pañal. As súas condicions eran pesimas, aínda que as traballadoras do orfanato eran moi atentas con todos os nenos e nenas. Agora que xa a temos na casa, segue un pouco baixa de peso, pero esta perfectamente de saúde. A esta nena ( miña irman ) débolle moitísimas cousas, xa que foi a miña cura respecto a moitos problemas persoais, é o mellor que teño, o que máis aprezo, e, é a miña irmán, a miña negra, e a miña vida. Ana Corbillón Gunche

1.3.13

O meu vicio

Ela é una moza diferente, a ela non lle importa o máis minimo o que os demáis digan dela. Viste distinta das demáis e algúns poden considerala como ´´rara``.
         Ela é a miña mellor amiga, a que demostroume máis dunha vez que sempre estará ahi tanto para estar
         toda unha tarde sen parar de rir ata fastidiarse os fins de semana por min.
         Vai ao seu ritmo, odia todo o relacionado coas guerras e as peleas e se lle falas de abortos para ela      
         non existes.
         Ela é todo o que teño e o que quero ter, sen ela  non respiro. Miña cura, o meu vicio.

Diferencias interraciais

Oxe, vivimos nun suposto país desenvolvido, moderno e rico. Digo suposto porque se é tan moderno non debería existir o racismo. 
Oxe, moitísimas persoas, si se lles pode chamar así, seguen usando as expresións ´´negros de merda,  volvete ao teu país ou deixa de quitarlle o traballo aos do noso país``. Na miña opinión, e deberia de ser a opinion de todos, os cores da pel non importan, moitos deberiamos de ter envidia xa que a xente cores escuros non se queima.                                                   Por outra parte o país non é de ninguen, o mundo é de todos. Polo tanto calquera pode estar no lugar do mundo que lle pete. Ninguen lle quita o traballo a ninguen, se outros non tiveron ese traballo e simplemente porque non se molestaron en buscalo ou porque eses extranxeiros estan mellor cualificadoscas persoas do propio país.