18.3.13

Non son compañeiros, son unha familia.

Empecei neste instituto un día do mes de setembro. Foi horrible, pensei que xamais conxeniaría con esa xente. Parecíanme todos moi diferentes a min, moi anti -eu.
Moitos tivemos bastantes roces ao principio do curso, xa que ningún nos coñeciamos de verdade e pensabamos que os demais eran doutra maneira.
Hoxe é 15 de marzo, xa levo 6 meses cos meus compañeiros e teño recordos que xamais esquecerei, gargalladas inesgotables, chegar a que non poidas respirar de tanto rir... Iso si que é pracer, sentir que che doen tanto os abdominais e só poder aplaudir cunhas gargalladas mudas.
Hoxe xa non son uns compañeiros, agora somos como unha familia. Todos nos preocupamos polos demais, todos nos arranxamos sos. Agora xa non é tan aterrador volver ás clases porque sabes que eles te farán sorrir unha vez máis.

14.3.13

Os complexos.

Oxe en día, vivimos nunha sociedade onde a maioria das persoas son moi superficiais. A xente só se preocupa de clasificar as persoas por estilos ou de undir a xente polos seus defectos físicos ou psicolóxicos.
Por este motivo moita xente chega a ter enfermidades mentais e danos fisicos; como por exemplo a anorexía ou a bulimia. A maioria de afectados a estas enfermidades son rapazas adolescentes que inda que non estén esaxeradamente gordas, afectalle moito o que din os demáis e non son capaces de aceptarse tal e como son.
Todos deberiamos aprender a aceptarnos tal e como somos, estemos gordos, delgados ou con defectos, xa que todos os temos.

A miña fin de semana.

Durante toda a semana estou desexando que chegue o esperado venrres, despois dos duros días de escola.
Cando chega o venrres noite, que é onde empeza o meu fin de semana, normal mente levo o can o Castro, e vou acompañada para non aborrecer. As veces salgo e outras quédome con Ana na miña casa a ver peliculas cos meus pais.
O sabado so espertar tarde, xa que non teño nada importante que facer. Ao espertar como e fago as tarefas da casa. Algunhas veces ven Ana a miña casa e pasamos toda a tarde sen facer nada de probeito, outras quedome a votar sesta toda a tarde porque esa é a miña paixón e en raras ocasión saio.
Ao chegar a noite planeo co meu grupo ´´panchi`` a saida. Coma sempre quedamos no Sireno e vamos o Keller, de cupitos. Despois como sempre imos a algunha discoteca latina, en raras ocasión vamos a outras discotecas, Ana e eu quixamonos sempre diso. As sete chego a miña casa e durmo ata que miña nai me veña berrar por durmir tanto e outra vez como fago as tarefas e alistome para quedar. Os domingos, normalmente, quedo para ver películas.
E xa esta, outra vez o dichoso luns.

11.3.13

Freddie Mercury

A coñecín aos dezaseis anos. Fumos presentados nunha festa por un home que dicia ser o meu amigo. Foi amor a primeira vista, enloquecíame. O noso amor chegou a un punto no que xa non podía vivir sen ela. Pero era un amor prohibido os meus pais non a aceptaban. Fun expulsado da escola e empezamos a encontrarnos a escondidas, pero ahi non puiden máis, volvinme loco!, eu a quería pero non a tiña, eu non puiden deixar que me apartasen dela, eu a amaba; Destrocei o meu coche, rompín todo dentro da miña casa e por pouco mato a miña irmá, estaba loco, necesitabaa. Oxe teño 39 anos, estou internado nun hopital, son inutil e vou morrer nun hopital só  abandonado polos meus pais e por ela, o seu nome? Cocaina, a ela devolle o meu amor, a miña destrucción e a miña morte.

Freddie  Mercury.

9.3.13

Os pequenos detalles contan.

Un precioso dez de xulio de 2008 naceu o meu sobriño, as 18,32 horas. Nese mesmo momento o meu irmán chamounos e todos comenzamos chorar de felicidade.
Dende aquel día as miñas perspectivas cambiaron. Eu daquela queria ser mestra de xardín de infancia, agora teño claro que o meu son os mortos.
Ese pequeno fixo que moitos días incriblemente tristes fixeranse incribles. Inda que sexa moi pequeno sabe moi ben como alegrarlle as tardes a calquera.
Os meus mellores recordos foron cando o cativo comezou a camiñar, cando non paraba de caerse e chorava simplemente para reclamar un pouco de atención ou na sua primeira palabra, a alegria de ser a primeira en escoitalo foi incrible. PAPÁ.
Pequerrecho, gracias por todos esos momentos de ledicia.


6.3.13

Green Peace

Green Peace é unha cooperativa internacional. Xente de todo o mundo asóciase para loitar contra os problemas sociais, naturais e animais. Unha das noticias que máis me sorprendeu foi unha protesta contra a industria baleeira. A industria baleeira cazou unha esaxerada porcentaxe da poboación de baleas, e perseguiron novas especies a medida se ían esgotando. Tras varias peticions da comunidade internacional, a comisión baleeira acordou un aprazamento a partir de 1986. Así e todo, Xapón, Islandia e Noruega continúan coa caza de cetáceos. Tan só un ano despois do aprazamento, Xapón comezou o chamado "programa científico" baleeiro. En realidade, trátase dunha caza comercial encuberta, financiada con fondos públicos, que perseguen un mercado decadente de consumo de carne de balea. Noruega e Islandia reanudaron a caza  en 1993 e en 2003.
E eu digo que podían morrer todos os f... de p... eses! http://www.youtube.com/watch?v=CK3b_6J7eIA P.D: (As imaxenes do video son un pouco fortes)
 Ana Corbillón Gunche

Soliño

Sendo este blog do señor Soliño, penso que merecese unha entrada que trate sobre el... (As malas críticas non mas teñas en conta...) O primeiro día que coñecín ao profesor de lingua galega/castellana, foi moi emotivo. Votoume da clase. Non lle gardo rencor, eu sei os seus problemas de "bipolariedade" asique agora xa non me amola. Moitas das súas clases son un despipote, unha que comeza a chorar sen ton nin son.... outra que comeza a berrar dunha esquina a outra, outrO que non mantén nunca os pes no chan, ( na palabra "outrO", esa (O) maiuscula esta para delatar o culpable...). Pero tamén penso que neste último mes a clase a cambiado moito, xa que antes NINGUÉN prestaba atención, e agora, empeza a haber xente aplicada ( Nere maís eu )... Non sóamente hai alumnAs aplicadas, o señor Soliño tamén está maís aplicado na materia, xa que aceptou todas as nosas propostas para evitar o suspenso. Sen duda a clase vai mellorando. Ana Corbillón Gunche

A miña afección

A miña maior afección é o debuxo. Encántanme tódolos estilos, aínda que non practique a maioría. Gusto dos temas truculentos, plasmados en estilo manga escuro. Tamén debuxo moitas cousas de estilo pin-up... Cando debuxo, sempre reflexo os meus sentimentos, porque para min o significado dun bo deseño é que exprese o que ti vives, e a xente que vexa ese deseño saiba como te sintes sen ter que utilizar as palabras. Pareceme algo moi especial. Estes son algúns exemplos dos meus debuxos, eu penso que reflexan bastantes sentimentos, pero tamén hai que utilizala imaxinación. Ana Corbillón Gunche

5.3.13

Sinte o que escribes.

Camiño a un lugar descoñecido, en busca de novas experiencias. sentindo no meu rostro o aire das montañas verdes. Bañanrme nesas augas de cores resprandecentes, disfrutar cada instante como se fose o último que foras a darme, e mentres coñezo a xente da cal xamaís poderei esquecerme, os molinos despidense de min como alegres xigantes alzando as súas aspas o aire Ana Corbillón Gunche

Conto "Alicaperú"

Había unha vez, xa fai moito tempo, unha neniña, chamada "Alicaperú", iba camiño a casa da súa avoa, para levarlle unha cesta que contiña unha poción máxica, que se a bebias faciache encoller. Tamén contiña un anaco de pan máxico, que se o comias faciache medrar moitiiiisimo. Naquela época as pocións máxicas empregabanse para resolver todo-los problemas cotidians, e para o que non era un problema, tamén se empregaban. A cesta que levaba Alicaperú era un agasaio de parte da nai da rapaza. A casa da avoa estaba bastante afastada da cidade, polo que Alicaperú tiña que percorren un longo camiño. Cando xa levaba un bó anaco camiñando, achegouse a un pozo para beber un pouco de auga, e asi repoñer forzas. Comezou a tirar da corda para subir o caldeiro con auga, cando un lobo a empurrou pozo abaixo. A caidda fixoselle eterna, aínda que en realidade só forón un par de segundos. Cando chegou o fondo do pozo, veuse rodeada de pedras, e dunha porta do tamaño dunha noz. Alicaperú comezou a berrar pedindo ausilio, pero ninguén lle escoitaba, asustada comezou a chorrar e a chorrar... Pero iso non sirve de nada. Cando se calmou un pouco, e xa podia pensar con maís claridade, lembrouse da pococión máxica que tiña gardada na cesta, e pensou que se a bebia fariase pequena e colleria pola porta. E iso fixo, bebeu a poción e fixose do tamaño dun garabanzo. Abriu a porta un pouco asustada polo que podia haber tras ela. Cando abriu a porta por completo, alzou a vista e atopouse cun mundo paralelo. Un lugar onde soamente había animais en libertad, onde a xente non sabía o significado da palabra querra, onde non había racismo, e onde non eran necesarias as pocións máxicas para resolver ningún tipo de problema. Alicaperú, decidiu chamar a ese lugar "o pais das marabillas" Iste conto é unha fusión do conto de "Caperucita roja" e "Alicia en el pais de las maravillas" Ana Corbillón Gunche

Un amigo silencioso

Eu teño un can. O can chegou a casa cando eu tña nove anos. é un can precioso, un labrador, alegre e xoquetón. Cando chegou, todos queriamos baixalo a rúa. Todos dexesábamos ir a pasear con el, e atoparnos con amigos e poder dicir "mira, iste é o meu can, chámase Zen, é un labrador, como o do auncio de Scotex! " e mirabas a cara de sorpresa e un pouco de envidia que se lle quedava o teu amigo... como molaba! Agora Zen ten nove anos. Sigue sendo alegre e xoquetón, pero a todos costanos un pouco maís ir a pasear con el. A os meus país, porque andan a traballar, ou coidando da negra. E a min, porque no pouco tempo que teño libre, apetéceme estar cos meus amigos sen o can. As veces penso que é un coñazo ter cadelo. O penso sempre que me toca baixalo a pasear. Onte eu estaba triste. Moi triste, cousas que pasan. Miña nai estaba na cociña liada. Seu mozo miraba a caixa tonta, tamén chamada "televisión". Non podia chamar a Nere porque son unha morosa e cortaronme a línea do teléfono fixo e móbil... Nunha casa chea de xente, eu sentíame moi moi sóa. Ata que Zen asomouse pola miña habitación. Acersouse a min, e puxo a súa cabezota no meu regazo. Sen máis. E quedouse así, quieto, ata que comecei a acaricialo. E, dende ise mesmo intre, comprendín que xa non estaba sóa. Ana Corbillón Gunche

Non entendo....

Non entendo moito de política. Non entendo case nada de partidos políticos, pactos, alianzas e maiorías. Non acabo de entender as diferencias entre PP ou PSOE. O único que entendo, é a xente que cada día quedase sen traballo. A xente que non pode pagar as hipotecas, a xente que non pode chegar a fin de mes sen axuda da familia ou dos amigos. Cando escoito aos políticos falar, só vexo a persóas que están moi afastadas da realoidade dos cidadans, que non saben o que é quedarse na rúa, sen traballo ou sen casa, que son dereitos fundamentais que eles deberían defender, e non o fan. Realmente non entendo a política Ana Corbillón Gunche

Nere Martinez Pérez

Coñecín a Nere xa fara uns catro anos. Dende aquela a cambiado moito, ( para mellor...). A primeira vez que a vin, levaba unha vestimenta vómitiba, un peiteado vómitibo, e unha cara extremadamente vómitiba. Cando a coñecín, era odio mutuo de unha choni a unha "emo". Cando a coñecín, non sei se eu fun demasiado superficial como para non querer nin manter unha conversa con ela. Pero xa que tiñamos amigos en comun, non me quedou maís remedio que intercambiar algunhas palabras. Coñecín a Nere xa fara uns catro anos. Dende aquela a miña vida mellorou. Teño unha persoa que proporcioname confianza, proporcioname felicidade. É a única persoa que non se esquece de felicitarme polo meu non aniversario, é a miña compaña de saidas nócturnas, e obviamente de resaca, é quen me ten todos os días a cea preparada, é a millar muller, Tamén foi quen me acolleu na súa casa cos brazos abertos cando miña nai veu as notas e non se pudo conter a votarme da casa cando percatouse do suspenso que tiña en galego... Grazas a ela, teño a mellor familia que podería ter. Súa nai é a miña nai. Seu irmán é meu irmán, Tito tamén é meu Tito, e Draco por suposto tamén é meu cadelo. Grazas a Nere Martinez Pérez, son feliz. Ana Corbillón Gunche

Berros

A xente berra. Berra moito. Canta máis razón queren ter, máis berran. Dan golpes na mesa para ter máis razón. Din palabrotas porque deste xeito, reafirman seus argumentos. Os reafirman xesticulando e alzando os brazos e alalzando a voz. Pero case nunca aos demais. Están tan enfracasados en defender as súas ideas que esquecen escoitar as dos demais. Esquecen que para saber, primeriro hai que aprender, e que para aprender, hai que escoitar a quen sabe. E esquecen que cando non se pode mellorar o silencio, e mellor calar. Pero non, a xente berra. E así nos va. Ana Corbillón Gunche

4.3.13

Non todo o que se dice é real.

Moita xente, sobre todo os pais e demáis persoas adultas escandalizanse ao falar de cannabis. Inda que sexa unha droga non aceptada socialmente é moito máis saudable que moitas das drogas que inxerimos ou inalamos diariamente. Como por exemplo o alcohol, o tabaco ou sen ir máis leixos as pastillas que moitos teñen que tomar diariamente pola sa saude.
Está demostrado cientificamente que o cannabis disminue a dor, a esclerosis é os tumores en humanos.
Investigadores canadienses despois de facer probas en ratas descubriron que o cannabis estimula o crecemento de celulas cerebrales, a droga causo que as neuronas rexeneraranse no hipocampo, zoa que controla o estado de animo e as emocións. Os investigadores descubriron que en grandes dosis ten efectos contra a ansiedade e a depresión.

Eu de maior quero ser...

Cando somos cativos todo nos chama a atención, tanto as cousas que vemos pola tele, as que vemos que fan os nosos pais ou simplemente as que oimos por ahi. Por iso mesmo cambiamos de opinión constantemente. Como por exemplo nas profesións.
Todos cando somos cativos quixemos ser astronautas, perruqeros, medicos, profesores, veterinarios, famosos... Pero chega un momento que algúns temos decidido o que queremos ser.
Eu quero ser técnica de tanatoestética. Esta profesión consiste en maquillar, peitear e vestir aos mortos para preparalos para que se expoñan aos familiares ou amigos.
Moitos poderán dicir que é unha animalada de profesión, que deberia elixir outra, que non sere capaz... Pero digan o que digan iso é o que eu quero ser de maior.

3.3.13

Nenos

As paletas convertense en cigarrillos. As inocentes en prostitutas. As tarefas van o lixo. Suspensión convirtese en expulsión. O refresco convirtese el alcohol. As vicicletas pasan a ser carros. Os bicos convirtense en sexo. Lembras cando viaxar no aire era columpiarte no parque? Cando ´´protección significaba levar casco? Cando o peor que podias obter dun neno eran piollos? As costas do teu pai era o lugar máis alto do mundo e a tua nai era a tua eroina. Os teus peores enimigos eran os teus irmáns. A unica droga que coñecias era o xarabe para a tos. Cando usar unha falda nonte convertía en facilona. O dor máis forte eran as pernas magulladas e ´´Adeus`` queria dicir ata maña. E non fumos capaces de esperar a medrar.

miña negra, miña vida

O pasado 2-setembro, uniuse un novo membro a miña familia, unha nena etíope. Viña con desnutrición, xa que no orfanato tiñan un moi baixo presuposto, polo que non tiñan nin para comprar pañais. Na primeira fotografía que obtivemos dela, saía nun berce cun trapo atado pola cintura cunha toalla, que facía de pañal. As súas condicions eran pesimas, aínda que as traballadoras do orfanato eran moi atentas con todos os nenos e nenas. Agora que xa a temos na casa, segue un pouco baixa de peso, pero esta perfectamente de saúde. A esta nena ( miña irman ) débolle moitísimas cousas, xa que foi a miña cura respecto a moitos problemas persoais, é o mellor que teño, o que máis aprezo, e, é a miña irmán, a miña negra, e a miña vida. Ana Corbillón Gunche

1.3.13

O meu vicio

Ela é una moza diferente, a ela non lle importa o máis minimo o que os demáis digan dela. Viste distinta das demáis e algúns poden considerala como ´´rara``.
         Ela é a miña mellor amiga, a que demostroume máis dunha vez que sempre estará ahi tanto para estar
         toda unha tarde sen parar de rir ata fastidiarse os fins de semana por min.
         Vai ao seu ritmo, odia todo o relacionado coas guerras e as peleas e se lle falas de abortos para ela      
         non existes.
         Ela é todo o que teño e o que quero ter, sen ela  non respiro. Miña cura, o meu vicio.

Diferencias interraciais

Oxe, vivimos nun suposto país desenvolvido, moderno e rico. Digo suposto porque se é tan moderno non debería existir o racismo. 
Oxe, moitísimas persoas, si se lles pode chamar así, seguen usando as expresións ´´negros de merda,  volvete ao teu país ou deixa de quitarlle o traballo aos do noso país``. Na miña opinión, e deberia de ser a opinion de todos, os cores da pel non importan, moitos deberiamos de ter envidia xa que a xente cores escuros non se queima.                                                   Por outra parte o país non é de ninguen, o mundo é de todos. Polo tanto calquera pode estar no lugar do mundo que lle pete. Ninguen lle quita o traballo a ninguen, se outros non tiveron ese traballo e simplemente porque non se molestaron en buscalo ou porque eses extranxeiros estan mellor cualificadoscas persoas do propio país.