14.5.13

O arte do corpo

A min gústanme moito os piersins, de fieto cada vez que fago un xa estou pensando en outro que facer. As persoas maiores non lles sole gustar esta idea pero é a miña forma de vida.
Eu teño moitos piersins; teño todos os das orellas, o do labio, o da linga, o da nariz, o do ombrigo e o da nuca. Inda que tiven máis.

A piques de rematar

Oxe estamos a día 15 de Maio e algúns estamos a piques de rematar as clases e ir a practicas. Sinceramente eu teño moitísima curiosidade de ir, pero a vez tamben moito medo, medo a que todo o que fixemos no ano non sirva para nada, medo de estar soa sen a miña nova familia de tarde, pánico ao novo, ao que está fora da rutina. Pero a mesma vez moitas ganas de acabar para que sexa verán.

Fermín Penzol

Fillo dun xuíz berciano e dunha asturiana de Castropol, viu nacer Fermín un 19 de agosto do 1901 na localidade palentina de Sahagún de Campos, o que o converte no que se ven chamando un galego "extramurano" ou "fronteirizo". Chegados os anos universitarios o seu desexo é cursar estudios de dereito en Compostela, mentres que o pai é partidario de que sexa en Madrid onde se licencie o fillo.  Será precisamente nestes anos universitarios, lonxe da que era a súa terra, cando esperten os sentimentos de estrañamento e morriña con Galicia. O mozo Fermín terá unha participación de primeira liña no núcleo galeguista que se forma e desenvolve en Madrid co nome de Mocedade Céltiga.
Habéndose casado con Blanca Jiménez, manteñe o contacto con Galicia mentres viaxa por toda España traballando.
Ten unha paixón polos escritos e documentos sobre Galicia. E conseguiu xuntar unhas das máis grandes coleccións. 
Penzol temía que cando el non estivera, o tesouro recompilado, minuciosamente escollido, no que investira tanto tempo e diñeiro, desaparecese, vendido ou espallado. Previsor, puxo en marcha os mecanismos para asegurarlle o futuro á biblioteca. Así no 1956 fai entrega simbólica da biblioteca á editorial Galaxia, feito formalizado en 1963 coa creación da Fundación Penzol que se decide establecer en Vigo -actualmente con sede na Casa da Cultura Galega-, ante a carencia de institucións culturais deste tipo nunha das principais cidades de Galicia. Penzol presidiu o padroado que rexe a Fundación e continuou facendo doazóns ata a súa morte en Compostela no 1981 e hoxe son entidades públicas, editoriais e tamén particulares os que seguen a engrosar os fondos da biblioteca.

Escuridade na penumbra (10)

El non se movía, non daba nin un paso, só a miraba'' fijamente. Marta pestañeó un segundo e cando volveu abrir os ollos atopoullo moito máis preto. Non podía percorrer todo ese camiño. Pero fíxoo.
Marta botou ás presas. Nunca correra tanto nin con tanto medo. 
Cada vez que podía miraba atrás para ver si el seguíaa. Non lle vía, desaparecera. 
Nun momento dado, ao Marta mirar cara atrás, non viu un poste que tiña xusto en fronte, e polo tanto, deuse un golpe que fixo que se caese de novo. Ao levantarse e mirar cara adiante, atopouse outra nota, esta nota dicía ''DÉIXAME SÓ''.
Ao arrincala empezou a marearse, non se podía manter en pé. E mentres se desmayaba, xusto antes de caer rendida, viulle, ao seu lado.
Nunca máis se soubo de Marta.

Escuridade na penumbra (9)

Axudarlle? Como quería que lle axudase? Non lle atopaba o sentido... Non o tiña... Si alguén quere que lle axuden non entra nas casas da xente, non rompe cousas, non as asusta...
Nese momento escoitou un ruído ao seu ao redor, o crujir das follas pisadas. Virou e atopoullo. A el. Fóra o que fose.
Levaba un traxe negro, cunha gravata a xogo. Unha camisa branca e uns zapatos de charól. Pero algo non cadraba nel, non tiña cara. Era algo branco, sen faccións, sen nada.

Escuridade na penumbra (8)

Axudándose do seu móbil (o cal non tiña cobertura), foi buscando as notas. Tiña medo, si, pero tamén tiña curiosidade e xa que non podía escapar polo menos buscaría o xeito de non pararse nun sitio fixo ata que saíse o sol.
A seguinte atopouna nun silo, a nota rezaba ''AXÚDAME''.

Escuridade na penumbra (7)

Virou á esquerda, correu recto, virou outra vez á esquerda e volveu atoparse unha nota. Esta dicía ''NON'' repetidas veces.
Logo de lela viu cara á fronte e atopouse cunha vala. Intentou saltala, pero non puido e caeu ao chan. Ao non poder escapar, decidiu buscar as outras notas, porque... Si atopara dous... Por que non ía haber máis?

Escuridade na penumbra (6)

Saltou, era fácil, iso era unha casa e ela estaba na planta baixa. Mirou ao seu ao redor e só viu o bosque que se abría diante dos seus ollos. Empezou ás presas de novo, sen mirar atrás.
Cansa detívose á beira dunha árbore. Volveu mirar ao seu ao redor para comprobar que todo estaba seguro e non pasaba nada. Púxose a percorrer a árbore e para o seu asombro atopou unha nota que dicía "NON PODES CORRER". Que pasaba? Quen facía todo iso? E logo de preguntarllo, botouse ás presas de novo.

Escuridade na penumbra (5)

Os ruídos non cesaban. Cada vez máis preto, cada vez máis cerca. E Marta botou ás presas. Non sabía a onde ía, non lle importaba, ela corría ás escuras pola casa.
Viu un reflexo e deuse conta de que era unha fiestra e pensou: "Xa sei! Abrirei a fiestra e saltarei por ela" e tal e como o pensou, fíxoo.

Escuridade na penumbra (4)

Marta empezou ás presas cara á entrada pero volveu levarse un susto cando viu que esta estaba pechada con chave.
-As chaves... As chaves... Onde están as chaves?! - dicía unha e outra vez mentres as buscaba. Buscounas nos seus petos, na mesita da entrada, nos caixóns... ¡Buscou ata no chan!

Escuridade na penumbra (3)

-Espérame aquí gatito, vou ir a ver si saltou a luz.
E foi camiñando, axudándose da leve luz que emitía o móbil, ata o lugar onde estaban os fusibles. Miúda sorpresa levouse cando ao abrir a porta da caixa, viu que estaban arrincados. Pero... Quen podía facer iso? Marta asustábase cada vez máis. Estaba soa ou iso pensaba ela antes. Volveu escoitar un ruído na cociña, como un vaso ao caer contra o chan e logo dese son empezou a escoitar pasos.

Escuridade na penumbra (2)

-Oh, lindo gatito... Como entraches aquí? - preguntábase Marta. - Que eu recorde todo está pechado. - pero cando o gato empezou a ronronear esqueceuse desas preguntas.
Pasadas unas cantas horas, na penumbra do seu salón, Marta vía a tele mentres acariñaba ao doce gato, botado ao seu lado no sofá. De súpeto, a luz foise da casa, cousa que fixo que Marta se asustase. 

O Sábado na casa da cultura galega

Fermin Penzol naceu no 1901 en Sahagún de Campos, onde o pai exercia como xuiz. A súa infancia transcorreu en Mondoñedo e a súa adolescencia en pontevedra, onde cursou o bacherlato. Estudou dereito en Madrid e alí entrou en contacto con galeguismo e a súa paixón coleccionista polos libros, revistas e documentos galegos.
Foi militante do Partido Galeguista e fundou a editorial Galaxia en 1950. En 1956 entregou ese tesouro en deposito a editorial Galaxia. En 1963 ésta inaugúrase, gobernada por unha fundación do mesmo nome, decidese situar en Vigo. Dende a súa inauguración foi gobernada pola man sabia de F. Fernámdez del Riego, o seu director ata o 2010. Cando éste faleceu a súa Presidencia pasou a sua viuva, Blanca Jiménez Alonso.
A Biblioteca Penzol constitue un conxunto aplísimo de publicacións referentes a Galicia. A súa fundación como finalidades primordiais elar pola conseración e como un servicio básico a cultura galega.

Escuridade na penumbra (1)

Nunha tarde escura, escoitáronse ruídos na casa de Marta. Ela, asustada, foi ver que pasaba.
-Hai...? Hai alguén aí? - preguntou cunha tímida voz.
Como resposta escoitou un lixeiro maullido, e, tranquila, púxose a buscar ao gato.
-Imos, bonito. Non vou facerche nada. - dicíalle intentando facerlle saír.Buscando ao gato na cociña atopouno baixo a mesa. O gato, ao vela, lanzou un bufido intentando espantala (cousa que non funcionou). Ela, recolleulle no seu colo e arrolándoo coma se fose un neno conseguiu tranquilizalo.

13.5.13

Crenzas

O Karma non é unha cuestión de recompensa ou castigo, tampouco hai un destino escrito, ou que o noso éxito ou fracaso é debido a "as nosas estrelas". A nosa vida é a nosa responsabilidade, o karma ensínanos exactamente iso, nós mesmos somos responsables das nosas accións, sen culpar as circunstancias, o destino ou a nosa familia do noso propio fracaso. Dado este coñecemento, temos o coñecemento de ir armando a nosa vida có coñecemento total de cal sera o resultado das nosas accións.

7.5.13

Só se quedan aos que lles importas.

Ao longo da nosa vida, pasan moitisimas persoas pola nosa vida. Pero só unha pequena parte moi reducida se queda nela. Os demáis solo están de paso, e por moito que doa, canto antes nos afagamos a idea mellor.
Inda que soe triste dicir isto, cos meus 16 anos xa sei os que ata agora están para quedarse.
Tres persoas, deses centos de persoas que han pasado pola miña vida, só preciso a esas tres persoas.
Esas tres persoas han estado ao meu lado en todo momento, dixeronme sempre a verdade inda que doera, a distancia non importou con ningún deles, eles escoitáronme inda non tendo razón.
Eles estarán por sempre, inda que nos separen 600 kilometros ou estemos a 10 minutos das nosas casas. Podo contar con eles.



17 de maio, día das letras galegas


O luns anterior veu a  nosa escola Roi Vidal Ponte, xa que este ano se dedican as letras galegas ao seu pai.
 Roi Ponte Vidal é un autor, actor de teatro, está nunha banda de rock, formado en fidoloxia galega e esta rematando a formacion de cine e escea.
O seu pai, Roberto Vidal Bolaño foi destacado por ser unha persoa civica e social.
Agasallo sombras, era un dos seus poemas, dedicado a Rosalía de Castro. Fala sobre que o seu marido a reprimia para facer obras que el non era capaz, cando en realidade ela quería ser actriz.
El fundou a primeira compañía de teatro profesional en Galicia.

A solución: Irse a México

Eu voume ir a México a mercar o carné de conducir! . O teño maís que claro.
Levo dende septembro para sacar o carné, e non o dou sacado!
Xa suspendin tres veces o examen práctico. A primerira foi coa famosa "Paca suspenso" por conducción temeraria ( eu penso que non foi culpa miña, xa que non se veia moi ben a señalización...). A segunda vez foi por un desacordo racial co examinador, ese exame habíame saido ben... e tamén suspendín. A terceira foi por comerme unha moto nun cede o paso, ese si que era un claro suspenso, e maís ainda porque tocoume de novo co que fixe o segundo examen.... O próximo día 10 de Maio, volvo a ir a facelo.
O teórico saqueino a primeira con cero erros, pero merda que levo gastado maís cartos na autoescuela que en toda a miña vida!
Definitivamente vou i a México a mercar o carné!!


Ana Corbillón Gunche

2.5.13

A caixa de música

Ela mira a caixa de música. Ela non sabe tocalo piano, pero ama tanto a música e o son de ese fermoso instrumento, que sinte que pode tocalo ca alma. Daría todo o que posúe por ter a habilidade dun pianista,a súa elegancia, a súa sensibilidade, a súa capacidade de emocionar... Se houbera aprendido a tocalo, tenria a posibilidade de expresar con seus dedos, como sentíase en cada momento, sen necesitar utilizar as palabras, que tanto costáballe usar. Podería decir a través das notas do piano que sentíase triste, solitaria, abandoada, e perdida. Podería cambiar as súas palabras por corcheas e semicorcheas, tonos e semitonos,silencios..... puntitos negros e brancos en un pentagrama, que falarían por ela. Agora so ten a súa caixa de música, e ainda que gústalle o seu son,e mira a bailarina dar voltas, non é suficiente para expresar todo o que sinte.

1.5.13

A miña preciada aldea...

Suponse que me ten que gustar durmir rodeada de bichos, arañas, moscas, cucarachas... etc Suponse que me ten que gustar facer novas amizades, como vacas, porcos, ovellas.... etc Suponse que me ten que gustar respirar aire fresco, asi como non estar en discotecas, pub`s, baretos... etc Suponse que me ten que gustar camiñar polo medio do monte, e deixar un pouco o lado os centros comerciais, o cine, a rúa da cidade... etc Suponse que me ten que gustar despertarme con luz natural e o cantar dos paxaros, e non co sonido do meu movil, da cadea de música... etc PERO E QUE NON ME GUSTA, NON É TAN DIFICIL DE ENTENDER!!! Ana Corbillón Gunche

Prohibición parcial dos plaguicidas tóxicos

Unha clara maioria dos paiss da UE han apoiado a proposta da Comisión Europea para prohibir temporalmente tr3es plaquicidas que se han demostrado científicamente que son perxudiciais para as abellas. Estos plaguicidas son o imidacloprid e a clotianidina, producidos pola empresa química Bayer, e o tiametoxam, producido por Syngenta. "A votación do 11 de Abril deixa perfectamente claro que o apoio científico, político e público a prohibición é abrumador. Os países que se oponen a prohibición han fracasado. Agora, a Comisión debe sacar a única conclusión e deter de inmediato o uso de estos plaguicidas, como primer paso para protexer a producción de alimentos e os ecosistemas europeos. Calquer retraso significaría ceder a poderosa presión de Bayer e Syngenta", ha afirmado Marco Contiero, Director da Política Agrícola da UE DE Greenpeace. Estes tres plaguicidas son neonicotinoides, un tipo de insecticidas que recobren as semillas antes da sembra, e que se poden utilizar directamente no chan o ser pulverizados sobre as plantas. Ana Corbillón Gunche