14.5.13

Escuridade na penumbra (3)

-Espérame aquí gatito, vou ir a ver si saltou a luz.
E foi camiñando, axudándose da leve luz que emitía o móbil, ata o lugar onde estaban os fusibles. Miúda sorpresa levouse cando ao abrir a porta da caixa, viu que estaban arrincados. Pero... Quen podía facer iso? Marta asustábase cada vez máis. Estaba soa ou iso pensaba ela antes. Volveu escoitar un ruído na cociña, como un vaso ao caer contra o chan e logo dese son empezou a escoitar pasos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario