14.5.13

Escuridade na penumbra (1)

Nunha tarde escura, escoitáronse ruídos na casa de Marta. Ela, asustada, foi ver que pasaba.
-Hai...? Hai alguén aí? - preguntou cunha tímida voz.
Como resposta escoitou un lixeiro maullido, e, tranquila, púxose a buscar ao gato.
-Imos, bonito. Non vou facerche nada. - dicíalle intentando facerlle saír.Buscando ao gato na cociña atopouno baixo a mesa. O gato, ao vela, lanzou un bufido intentando espantala (cousa que non funcionou). Ela, recolleulle no seu colo e arrolándoo coma se fose un neno conseguiu tranquilizalo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario