5.3.13

Non entendo....

Non entendo moito de política. Non entendo case nada de partidos políticos, pactos, alianzas e maiorías. Non acabo de entender as diferencias entre PP ou PSOE. O único que entendo, é a xente que cada día quedase sen traballo. A xente que non pode pagar as hipotecas, a xente que non pode chegar a fin de mes sen axuda da familia ou dos amigos. Cando escoito aos políticos falar, só vexo a persóas que están moi afastadas da realoidade dos cidadans, que non saben o que é quedarse na rúa, sen traballo ou sen casa, que son dereitos fundamentais que eles deberían defender, e non o fan. Realmente non entendo a política Ana Corbillón Gunche

Ningún comentario:

Publicar un comentario