Ana Corbillón Gunche
5.3.13
Un amigo silencioso
Eu teño un can. O can chegou a casa cando eu tña nove anos. é un can precioso, un labrador, alegre e xoquetón. Cando chegou, todos queriamos baixalo a rúa. Todos dexesábamos ir a pasear con el, e atoparnos con amigos e poder dicir "mira, iste é o meu can, chámase Zen, é un labrador, como o do auncio de Scotex! " e mirabas a cara de sorpresa e un pouco de envidia que se lle quedava o teu amigo... como molaba!
Agora Zen ten nove anos. Sigue sendo alegre e xoquetón, pero a todos costanos un pouco maís ir a pasear con el. A os meus país, porque andan a traballar, ou coidando da negra. E a min, porque no pouco tempo que teño libre, apetéceme estar cos meus amigos sen o can. As veces penso que é un coñazo ter cadelo. O penso sempre que me toca baixalo a pasear.
Onte eu estaba triste. Moi triste, cousas que pasan. Miña nai estaba na cociña liada. Seu mozo miraba a caixa tonta, tamén chamada "televisión". Non podia chamar a Nere porque son unha morosa e cortaronme a línea do teléfono fixo e móbil... Nunha casa chea de xente, eu sentíame moi moi sóa. Ata que Zen asomouse pola miña habitación. Acersouse a min, e puxo a súa cabezota no meu regazo. Sen máis. E quedouse así, quieto, ata que comecei a acaricialo. E, dende ise mesmo intre, comprendín que xa non estaba sóa.
Ana Corbillón Gunche
Ana Corbillón Gunche
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario