18.3.13

Non son compañeiros, son unha familia.

Empecei neste instituto un día do mes de setembro. Foi horrible, pensei que xamais conxeniaría con esa xente. Parecíanme todos moi diferentes a min, moi anti -eu.
Moitos tivemos bastantes roces ao principio do curso, xa que ningún nos coñeciamos de verdade e pensabamos que os demais eran doutra maneira.
Hoxe é 15 de marzo, xa levo 6 meses cos meus compañeiros e teño recordos que xamais esquecerei, gargalladas inesgotables, chegar a que non poidas respirar de tanto rir... Iso si que é pracer, sentir que che doen tanto os abdominais e só poder aplaudir cunhas gargalladas mudas.
Hoxe xa non son uns compañeiros, agora somos como unha familia. Todos nos preocupamos polos demais, todos nos arranxamos sos. Agora xa non é tan aterrador volver ás clases porque sabes que eles te farán sorrir unha vez máis.

1 comentario:

  1. Seica progresamos adecuadamente...
    Como xa hai moito que non vou á clase, non sabía que o ambiente fose tan agradable. Este post acaba de reconciliarme co mundo e coa vida. Beizón.

    ResponderEliminar