29.4.13

Non valoramos o que temos ata que o perdermos

Non souben valorar moitas das cousas que tiven, non souben aprecialas, nin souben coidalas. Cando me din conta de que perdin para sempre a unha das persoas que mais quixen na miña vida, decateime de que non a souben valorar. Esa persoa preocupabase por min, aínda que eu pensara que todo o decia por fastidiar, facialo polo meu ben, esa persoa sempre me discutia que o galego era unha estupidez e eu o defendia ata que rematabamos a berros, agora deime conta de que era a súa forma de pensar... Esa persoa sempre me facia ver os partidos de futbol ainda que soupera que a min non me gustaban, agora doume conta de que o facia porque era a única cousa da que despois poderiamos falar sen ter que berrar... Esa persoa sempre dabame 5 euros para mercar o pan e diciame "quedate coa volta..." ( non controlaba os euros ), Esa persoa escoitabame foran as sete da tarde como as 5 da mañan... Fai tres semanas que non teño a miña avoa, e despois de 18 anos o meu lado empezeina a valorar fai tres semanas. Ana Corbillón Gunche

Ningún comentario:

Publicar un comentario