14.5.13

O arte do corpo

A min gústanme moito os piersins, de fieto cada vez que fago un xa estou pensando en outro que facer. As persoas maiores non lles sole gustar esta idea pero é a miña forma de vida.
Eu teño moitos piersins; teño todos os das orellas, o do labio, o da linga, o da nariz, o do ombrigo e o da nuca. Inda que tiven máis.

A piques de rematar

Oxe estamos a día 15 de Maio e algúns estamos a piques de rematar as clases e ir a practicas. Sinceramente eu teño moitísima curiosidade de ir, pero a vez tamben moito medo, medo a que todo o que fixemos no ano non sirva para nada, medo de estar soa sen a miña nova familia de tarde, pánico ao novo, ao que está fora da rutina. Pero a mesma vez moitas ganas de acabar para que sexa verán.

Fermín Penzol

Fillo dun xuíz berciano e dunha asturiana de Castropol, viu nacer Fermín un 19 de agosto do 1901 na localidade palentina de Sahagún de Campos, o que o converte no que se ven chamando un galego "extramurano" ou "fronteirizo". Chegados os anos universitarios o seu desexo é cursar estudios de dereito en Compostela, mentres que o pai é partidario de que sexa en Madrid onde se licencie o fillo.  Será precisamente nestes anos universitarios, lonxe da que era a súa terra, cando esperten os sentimentos de estrañamento e morriña con Galicia. O mozo Fermín terá unha participación de primeira liña no núcleo galeguista que se forma e desenvolve en Madrid co nome de Mocedade Céltiga.
Habéndose casado con Blanca Jiménez, manteñe o contacto con Galicia mentres viaxa por toda España traballando.
Ten unha paixón polos escritos e documentos sobre Galicia. E conseguiu xuntar unhas das máis grandes coleccións. 
Penzol temía que cando el non estivera, o tesouro recompilado, minuciosamente escollido, no que investira tanto tempo e diñeiro, desaparecese, vendido ou espallado. Previsor, puxo en marcha os mecanismos para asegurarlle o futuro á biblioteca. Así no 1956 fai entrega simbólica da biblioteca á editorial Galaxia, feito formalizado en 1963 coa creación da Fundación Penzol que se decide establecer en Vigo -actualmente con sede na Casa da Cultura Galega-, ante a carencia de institucións culturais deste tipo nunha das principais cidades de Galicia. Penzol presidiu o padroado que rexe a Fundación e continuou facendo doazóns ata a súa morte en Compostela no 1981 e hoxe son entidades públicas, editoriais e tamén particulares os que seguen a engrosar os fondos da biblioteca.

Escuridade na penumbra (10)

El non se movía, non daba nin un paso, só a miraba'' fijamente. Marta pestañeó un segundo e cando volveu abrir os ollos atopoullo moito máis preto. Non podía percorrer todo ese camiño. Pero fíxoo.
Marta botou ás presas. Nunca correra tanto nin con tanto medo. 
Cada vez que podía miraba atrás para ver si el seguíaa. Non lle vía, desaparecera. 
Nun momento dado, ao Marta mirar cara atrás, non viu un poste que tiña xusto en fronte, e polo tanto, deuse un golpe que fixo que se caese de novo. Ao levantarse e mirar cara adiante, atopouse outra nota, esta nota dicía ''DÉIXAME SÓ''.
Ao arrincala empezou a marearse, non se podía manter en pé. E mentres se desmayaba, xusto antes de caer rendida, viulle, ao seu lado.
Nunca máis se soubo de Marta.

Escuridade na penumbra (9)

Axudarlle? Como quería que lle axudase? Non lle atopaba o sentido... Non o tiña... Si alguén quere que lle axuden non entra nas casas da xente, non rompe cousas, non as asusta...
Nese momento escoitou un ruído ao seu ao redor, o crujir das follas pisadas. Virou e atopoullo. A el. Fóra o que fose.
Levaba un traxe negro, cunha gravata a xogo. Unha camisa branca e uns zapatos de charól. Pero algo non cadraba nel, non tiña cara. Era algo branco, sen faccións, sen nada.

Escuridade na penumbra (8)

Axudándose do seu móbil (o cal non tiña cobertura), foi buscando as notas. Tiña medo, si, pero tamén tiña curiosidade e xa que non podía escapar polo menos buscaría o xeito de non pararse nun sitio fixo ata que saíse o sol.
A seguinte atopouna nun silo, a nota rezaba ''AXÚDAME''.

Escuridade na penumbra (7)

Virou á esquerda, correu recto, virou outra vez á esquerda e volveu atoparse unha nota. Esta dicía ''NON'' repetidas veces.
Logo de lela viu cara á fronte e atopouse cunha vala. Intentou saltala, pero non puido e caeu ao chan. Ao non poder escapar, decidiu buscar as outras notas, porque... Si atopara dous... Por que non ía haber máis?